Para xogar ó rol precisas lapis, papel e dados. E por suposto, compañeiros co que facelo.
Ignorarei a teoría profunda e exporeino da forma máis simple e sinxela que se me ocorra.
Un de vos, o director de xogo, conta unha historia. O resto de xogadores, son personaxes con vida propia dentro desa historia e deciden qué facer. É como se e estuvieran nunha película e puideran decidir qué fai o seu personaxe favorito. E o resto de personaxes, os personaxes secundarios (PNXs, personaxes non xogadores), reaccionan en función da sua personalidade, e do que fan os personaxes principais: os xogadores.
O director de xogo, é quen leva o peso da historia, a sua preparación e a interpretación de todolos personaxes secundarios. Pero que sexa el quen leva a historia, non significa que as accións dos personaxes principais se limiten a ver cómo pasa, independentemente do que fagan. As accións dos xogadores influen na historia, pois eles son o centro da trama e quenes teñen poder para cambialo todo.
Ata agora, espero ter deixado claro a separación entre o director de xogo e os personaxes-xogadores (PXs).
En resumo e ordeado, para xogar ó rol necesitas o seguinte:
Unha vez teñas isto, xa podes plantexarte comezar a xogar.
Este tipo de xogo que arriba se explica, é unha versión evolucionada de todolos xogos infantís, nos que xogabamos a ser o Equipo A, con malos imaxinarios, ou coma no exemplo máis clásico de todos: Indios e Vaqueiros.
Desta forma, o director plantexa unha escena, representa o papel dos PNXs e agarda a ver qué fan os xogadores para que a historia siga avanzando (isto en realidade, é un automatismo en canto comezas). Pero volvamos ó exemplo de Indios e Vaqueiros, e digamos as palabras fatídicas: ¡PUM PUM! ¡ESTÁS MORTO!
Deixade voar os vosos recordos e lembrade as interminables discusións, pelexas e ata pedradas que ditas palabras máxicas provocaban - QUE NON. QUE SÍ. NON ME DECHE. SI QUE TE DIN - Xa sabedes ó que me refiro. A eterna discusión de qué pasa con ese disparo. Nos xogos de rol tes regras para decir si alcanzache a alguen ou non. As regras encarganse de manexar o azar, e de dar unha capa de credibilidade á historia aforrando discusións para que as cousas non pasen porque sí.
Quen di pegar un tiro, di saltar un cantil, cantar unha ópera nun anfiteatro, ou agocharse baixo as faldas dunha damisela sen que nos vexan os demáis. Todo pode pasar, e as regras están para intentar que o que pase teña coherencia.
De todas formas, hai unha regra de ouro. As regras non son inmutables. Se unha regra non vos gusta, cambiádea. E que non vos importe se alguén vos di - é que esa regra non é oficial do xogo - Nin maldita falta que fai que sexa oficial. Un xogo de rol debe ser divertido, non oficial.
Recordadeo sempre, sempre, sempre. O principal obxectivo dun xogo de rol é ser divertido, e non hai nada, nada, nada, que sexa inmutable nas “leis do rol”. Todo pode e debe ser cambiado se fai o xogo máis divertido para ti e para os teus amigos. Un xogo cun ton serio non ten porqué selo se o pasades mellor facendo bromas constantemente e parodiándolo até a extenuación. Un xogo cun ton de humor pode ser tratado todo o serio que queirades. Ti fas o xogo, non o libro. Lémbrao sempre.
A mellor forma de entender como se xoga, por moito que se explique teoricamente, é con exemplos prácticos.
Daniel, que fará de director de xogo, chama aos seus amigos Enrique, Manolo e Rocío para dicirlles que fará unha partida de rol. Queda con eles ao día seguinte ás 5 da tarde para xogar.
Daniel comeza a pensar unha historia que contarlles, e na que poidan actuar. Debe ser algo que guste aos catro, porque xa sabe que Enrique odia as partidas de romanos, aínda que a Rocío encántenlle. Acaba decidindo que será unha partida de Piratas e espadachines. Comeza a pensar nalgúns personaxes que poidan intervir na historia, cuxo inicio será algo tan recursivo, e que tan ben funciona, como que os PXs (lembrade, personaxes xogadores) reciben un mapa do tesouro nunha taberna.
O inicio tamén incluirá a entrada triunfal dun pirata coa súa tripulación (é o momento de facer unhas cantas fichas de PNXs) que tentan quitarlles o mapa. Con isto os xogadores xa estarán metidos de cheo, e daranlle unha importancia ao mapa que doutro xeito non lle deron.
O Director ten que saber captar o interese dos xogadores pola historia, non simplemente pór cousas e esperar que estes teñan unha inspiración divina e fagan o que “deben facer”.
Na pelexa, é o momento de tirar dados, pegar espadazos, saltar sobre mesas e rebentar algunha que outra botella de ron na cabeza dalgún piratilla. Festa.
Os xogadores conseguiron escapar das garras dese pirata (O capitán Lebouf). Agora son eles quen deben decidir que facer. Se o director foi previsor, terá un mapiña para ensinar aos xogadores as distintas opcións que teñen.
O mesmo mapa podería ser un anaco dese mapa máis gordo. Ou unhas instrucións en forma de enigma. Non hai límites.
Bueno, todo o que vos contei ata agora, é certo e non o é. O que vos contei é o esquema clásico dos xogos de rol, pero hai moitas máis formas de facelo. Pódese xogar por foro, pódese xogar en vivo, pódese xogar por chat… incluso pódese xogar sen dados, sexa con moedas, cartas o con un simple: pares ou nones.
¿Por qué vos conto isto? Para que teñades sempre a mente aberta cos xogos de rol. Buscade o que vos gusta a vós, e non teñades medo de probar cousas se vos parecen interesantes. É o voso xogo, facedeo ó voso gusto.
Agora tes un libro de rol nas tuas mans, fai de director de xogo, ou xoga con alguen que o sexa.
Para xogar con ReF precisas este libro, fichas impresas ou fotocopiadas de personaxe, algo para escribir sobre elas e algo para borralo escrito. Por comodidade, o mellor é o lapis o portaminas e a goma de borrar. Tamén precisarás dados, imaxinación e uns cantos amigos dispostos.
Nos xogos de rol úsanse distintos tipos de dados. ReF só usa dados de dez caras e os de toda la vida, os de seis caras que coñecerás polo parchís ou xogos similares. Entre os xogadores de rol para acortar chámanselle D10 e D6 e tamén existen os D4, D8, D12 e D20, pero só precisarás con este xogo de facer xogos os dous que nomeamos. Se non os atopas, acude a tendas especializadas en xogos de azar ou que, sinxelamente, vendan xogos de rol, e donde seguramente poderás atopar tamén a outros afeccionados para xogar contigo. A imaxinación xa é algo que non podemos facilitarche e que terás que estimular pola tua conta con películas, libros do teu gusto e, por suposto, xogando a rol.
Facede fichas, conseguide dados e dade renda solta á vosa imaxinación. Miles de aventuras agárdante á volta da folla.
No rol, non hai máis límites que a imaxinación.